Actividade sensibilización. Extintor caseiro

 Dentro das activdiades do Plan Proxecta O Monte Vivo, realizamos un pequeno extintor caseiro para que o alumnado aprenda o funcionamento deste recurso.

O obxectivo da actividade é realizar un extintor caseiro para concienciar dos perigos do lume e como combatelo.

 

 Que hai que facer?

1. Coloca4 culleriñas de bicarbonato de sodio nunha servilleta, tapa e ata cun fío de maneira que quede ben suxeita.

2. Agrega 5 culleres de vinagre e unha pequena cantidade de auga na botella.
3. Sitúa a bolsiña de bicarbonato dentro da botella de maneira que colgue cunha parte do fío fora e que non estes en contacto co vinagre. 

4. Con plastilina ou unha cortiza tapa a boca da botella, colocando unha palliña polo medio.

 5. Acende unha vela. 

6. Axita la botella, procurando tapar co dedo a boca da palliña. 

7. Seguidamente, quita o dedo e apunta coa palliña cara a vela acendida e verás como se apaga co líquido que sae do extintor.








 

Comentarios

Entradas populares de este blog

XORNADA DE PIRAGüISMO

Compartindo o monte: Día da Bici 🚵

SAÍDA A MUÍÑOS