Un ano máis, no marco do programa XOGADE, os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a posibilidade de desfrutar dunha xornada de piragüismo no noso Parque Natural en compañía do alumnado de Muiños.
Pasamolo xenial! Esperamos repetir para o vindeiro curso!! 🚣🚣
O venres 20 de xuño, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizamos unha ruta dende o noso cole, pasando por Vilameá ata Río Caldo. Unha vez alí, fixemos unha pequeniña ruta a pé para coñecer de préto unha das paisaxes máis fermosas do noso parque natural: a Corga da Fecha. Logo, xantamos e desfrutamos das augas termais de Río Caldo! Xa pola tarde, regresamos en bici ao cole! Foi unha xornada moi bonita, na que puidemos gozar cos nosos compañeiros das nosas paisaxes e do deporte, compartindo moitos de nós as nosas afeccións favoritas. Repetiremos! Podedes ver un resumo desta xornada a continuación, pero antes queremos facer un agradecemento o grupo do GES de Lobios e a GArda Civil de Lobios, que nos escoltaron durante todo o traxecto e coidaron, en todo momento, da nosa seguridade!
No día de hoxe fixemos unha saída a Muíños, na cal visitamos A Porta de Muíños. Unha vez alí contaronnos moitas cousas interesantes acerca do Parque da Baixa Limia Serra do Xurés. Os máis cativos fixeron unha pequena andaina para explorar a zona mentres que a rapazada de primaria levaron a cabo un xogo da "Búsqueda do Tesouro". Coñecemos as instalacións do albergue e comemos alí todos xuntos. Foi unha xornada moi entretida.
Comentarios
Publicar un comentario