Entradas

Compartindo o monte: Día da Bici 🚵

Imagen
O venres 12 de xuño, o alumnado de  5º e 6º de Educación Primaria realizou unha ruta dende o noso cole, pasando por Vilameá ata Río Caldo. Unha vez alí, fixemos unha pequeniña ruta en bici para coñecer a senda azul de Río Caldo de préto e tamén unha das paisaxes máis fermosas do noso parque natural: a Corga da Fecha. Logo, xantamos e desfrutamos das augas termais de Río Caldo! Xa pola tarde, regresamos en bici ao cole!  Foi unha xornada moi bonita, na que puidemos gozar cos nosos compañeiros das nosas paisaxes e do deporte, compartindo moitos de nós as nosas afeccións favoritas. Repetiremos!  Podedes ver un resumo desta xornada a continuación, pero antes queremos facer un agradecemento o grupo do GES de Lobios e a Garda Civil de Lobios, que nos escoltaron durante todo o traxecto e coidaron, en todo momento, da nosa seguridade! 

PIRAGUISMO NO SALAS NO PNBLS

Imagen
  11 de xuño do 2026: Un ano máis, no marco do programa XOGADE, os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron a posibilidade de desfrutar dunha xornada de piragüismo no noso Parque Natural  no encoro do Salas en compañía do alumnado de Muiños, Entrimo e Padrenda e Ramirás Pasámolo xenial! Esperamos repetir para o vindeiro curso!! 🚣🚣

EXPERIENCIA EXTINTOR CASEIRO

Imagen
  O día 8 de xuño, dentro das activdiades do Plan Proxecta O Monte Vivo, realizamos un pequeno extintor caseiro nasd inmediacións do Horto e xardín escolar para que o alumnado aprenda o funcionamento deste recurso. O obxectivo da actividade é realizar un extintor caseiro para concienciar dos perigos do lume e como combatelo.     Que hai que facer? 1. Coloca4 culleriñas de bicarbonato de sodio nunha servilleta, tapa e ata cun fío de maneira que quede ben suxeita . 2. Agrega 5 culleres de vinagre e unha pequena cantidade de auga na botella. 3. Sitúa a bolsiña de bicarbonato dentro da botella de maneira que colgue cunha parte do fío fora e que non estes en contacto co vinagre.   4. Con plastilina ou unha cortiza tapa a boca da botella, colocando unha palliña polo medio .   5. Acende unha vela.   6. Axita la botella, procurando tapar co dedo a boca da palliña.   7. Seguidamente, quita o dedo e apunta coa palliña cara a vela acendida e verás como se apaga c...

SAÍDA A MUÍÑOS COÑECER PORTA DO XURÉS

Imagen
5 d xuño: Fíxose unha saída a Muíños, na cal visitamos A Porta de Muíños. Unha vez alí contaronnos moitas cousas interesantes acerca do Parque da Baixa Limia Serra do Xurés.  Os máis cativos fixeron unha pequena andaina para explorar a zona mentres que a rapazada de primaria levaron a cabo un xogo da "Búsqueda do Tesouro". Foi unha xornada moi entretida.

ARTS XURÉS AND ENVIROMENT

Imagen
Neste curso, e dentro do Programa " O Monte Vivo ", o alumnado realizou un proxecto de posta en valor das marabillas que podemos atoparnos na nosa contorna. Para ilo, na aula de Arts realizaron algunhas maquetas de espazos naturais como poden ser o Foxo do Lobo, ou os 8 miles.  A posta en valor e a conciencia do que non se debe perder nun hipotético incendio forestal son os motivos principais que nos levaron a desenvolver esta actividade.  Desfrutade de dúas das estupendas maquetas realizadas!      

CREACIÓN ESPACIO APADRIÑAMENTO ÁRBORES

Durante o curso o centro realizou as xestións en colaboración co concello de Lobios e o PNBLSX para crear un espazpo de plantación de especies aut´´octonoas para que oa lumando do centro nos vindeiros anos poida apadriñar e coidar esas árbores.  

24 DE MAIO: DÍA EUROPEO PARQUES NATURAIS

Imagen
  O  luns 25 de maio, con motivo do Día Europeo dos Parques Naturais realizamos unha activdiade conxuntamente co PNBLSX de concienciacoón ambiental. Na zoan de Río Caldo relizamos a activdide de basuraleza (recollida de lixo na natureza). Ademias tamén realizamos un obradoiro de pegadas de animais do Xurés e un obradoiro de máscaras de animais do Xurés para os mais cativos. Finalemnte coñecemos algo mais a fondo a xeoloxía e a morfoloxía das rochas que dan vida ao noso Parque do Xurés.