Compartindo o monte: Día da Bici 🚵

O venres 12 de xuño, o alumnado de  5º e 6º de Educación Primaria realizou unha ruta dende o noso cole, pasando por Vilameá ata Río Caldo. Unha vez alí, fixemos unha pequeniña ruta en bici para coñecer a senda azul de Río Caldo de préto e tamén unha das paisaxes máis fermosas do noso parque natural: a Corga da Fecha. Logo, xantamos e desfrutamos das augas termais de Río Caldo! Xa pola tarde, regresamos en bici ao cole! 

Foi unha xornada moi bonita, na que puidemos gozar cos nosos compañeiros das nosas paisaxes e do deporte, compartindo moitos de nós as nosas afeccións favoritas. Repetiremos! 

Podedes ver un resumo desta xornada a continuación, pero antes queremos facer un agradecemento o grupo do GES de Lobios e a Garda Civil de Lobios, que nos escoltaron durante todo o traxecto e coidaron, en todo momento, da nosa seguridade! 




















Comentarios

Entradas populares de este blog

PIRAGUISMO NO SALAS NO PNBLS

SAÍDA A MUÍÑOS COÑECER PORTA DO XURÉS