Entradas

Mostrando entradas de junio, 2025

SAÍDA A MUÍÑOS

Imagen
No día de hoxe  fixemos unha saída a Muíños, na cal visitamos A Porta de Muíños. Unha vez alí contaronnos moitas cousas interesantes acerca do Parque da Baixa Limia Serra do Xurés.  Os máis cativos fixeron unha pequena andaina para explorar a zona mentres que a rapazada de primaria levaron a cabo un xogo da "Búsqueda do Tesouro". Coñecemos as instalacións do albergue e comemos alí todos xuntos. Foi unha xornada moi entretida.

Compartindo o monte: Día da Bici 🚵

Imagen
O venres 20 de xuño, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizamos unha ruta dende o noso cole, pasando por Vilameá ata Río Caldo. Unha vez alí, fixemos unha pequeniña ruta a pé para coñecer de préto unha das paisaxes máis fermosas do noso parque natural: a Corga da Fecha. Logo, xantamos e desfrutamos das augas termais de Río Caldo! Xa pola tarde, regresamos en bici ao cole!  Foi unha xornada moi bonita, na que puidemos gozar cos nosos compañeiros das nosas paisaxes e do deporte, compartindo moitos de nós as nosas afeccións favoritas. Repetiremos!  Podedes ver un resumo desta xornada a continuación, pero antes queremos facer un agradecemento o grupo do GES de Lobios e a GArda Civil de Lobios, que nos escoltaron durante todo o traxecto e coidaron, en todo momento, da nosa seguridade! 

DÍA MEDIO AMBIENTE- COÑECEMOS OUTROS ESPACIOS NATURAIS-PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALI

Imagen
  O venres 6 de xuño, con motivo do Día do Medio Ambiente o alumando do centro xunto co alumnado doutros centros da comarca do PNBLSX, foron invitados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural,, a coñecer o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, concretamente as Illas Cíes. Da man duns guías aprendemos moitas cousas sobre as gaivootas, o efecto da contamincación das augas nas mesmas (pasando de 30.000 parellas a 3.000 escasas nunhas décadas). Ademias parendemos a valorar outros ecosistemas e espazos naturais.   ENLACE PRENSA   ENLACE PRENSA ACTIVIDADE

Actividade sensibilización. Extintor caseiro

Imagen
  Dentro das activdiades do Plan Proxecta O Monte Vivo, realizamos un pequeno extintor caseiro para que o alumnado aprenda o funcionamento deste recurso. O obxectivo da actividade é realizar un extintor caseiro para concienciar dos perigos do lume e como combatelo.     Que hai que facer? 1. Coloca4 culleriñas de bicarbonato de sodio nunha servilleta, tapa e ata cun fío de maneira que quede ben suxeita . 2. Agrega 5 culleres de vinagre e unha pequena cantidade de auga na botella. 3. Sitúa a bolsiña de bicarbonato dentro da botella de maneira que colgue cunha parte do fío fora e que non estes en contacto co vinagre.   4. Con plastilina ou unha cortiza tapa a boca da botella, colocando unha palliña polo medio .   5. Acende unha vela.   6. Axita la botella, procurando tapar co dedo a boca da palliña.   7. Seguidamente, quita o dedo e apunta coa palliña cara a vela acendida e verás como se apaga co líquido que sae do extintor.