Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

Compartindo o monte: Día da Bici 🚵

Imagen
  Este mércores 12 de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria celebramos o Día da Bici cunha ruta dende o noso cole, pasando por Vilameá ata Río Caldo. Unha vez alí, fixemos unha pequeniña ruta a pé para coñecer de préto unha das paisaxes máis fermosas do noso parque natural: a Corga da Fecha. Logo, xantamos e desfrutamos das augas termais de Río Caldo! Xa pola tarde, regresamos en bici ao cole!  Foi unha xornada moi bonita, na que puidemos gozar cos nosos compañeiros das nosas paisaxes e do deporte, compartindo moitos de nós as nosas afeccións favoritas. Repetiremos!  Podedes ver un resumo desta xornada a continuación, pero antes queremos facer un agradecemento o grupo do GES de Lobios - en especial a Sonia e Jose Antonio - que nos escoltaron durante todo o traxecto e coidaron, en todo momento, da nosa seguridade! 

Vivindo o monte: xornada de piragüismo 🚣

Imagen
Seguimos  a gozar dun monte vivo como é o Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.   Desta volta, este venres 7 de xuño, no marco do programa XOGADE e grazas á promoción da Asociación Deportiva San Rosendo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria desfrutamos dunha xornada de inicación ao kayak e ao piragüismo. Foi unha xornada perfecta na que desfrutamos do noso Parque Natural e do Concello de Muíños na compañía dos centros da Baixa Limia e do concello de Barbadás.  Despois de desfrutar moitísimo na auga e cos remos, probamos os módulos do Gladiator Race!  Repetiremos, sen dúbida, o próximo curso!!