Entradas

ARTS XURÉS

Imagen
Neste curso, e dentro do Programa " O Monte Vivo ", o alumnado realizou un proxecto de posta en valor das marabillas que podemos atoparnos na nosa contorna. Para ilo, na aula de Arts realizaron algunhas maquetas de espazos naturais como poden ser o Foxo do Lobo, ou os 8 miles.  A posta en valor e a conciencia do que non se debe perder nun hipotético incendio forestal son os motivos principais que nos levaron a desenvolver esta actividade.  Desfrutade de dúas das estupendas maquetas realizadas!

As "nosas" árbores

Imagen
Corría o ano 2019 cando uns pequenos participaban nunha actividade de repoboamento de árbores autóctonas no Alto de San Roque de Lobios, tras un incendio que asolou a zona... ( https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdoxures/?q=node/158 )  Seis anos despois, estes xa non tan nenos e nenas, xunto con algún dos mestres daquel ano (con algunha cana máis) aproveitamos o noso desprazamento ao alto para a celebración do Entroido para ver como estaban as árbores e se o seu crecemento era o idóneo.  Que orgullo da ver o traballo recompensado, e que ledicia será volverse achegar dentro de outros seis anos.  

Purificación da Auga

Imagen
O alumnado de quinto e sexto traballaron con Alberto o proceso de purificación da auga e realizaron este experimento para o seu entendemento. 

GES no Xurés

Imagen
Na mañá de hoxe recibimos a visita da brigada dos GES, valentes que nos falaron do seu traballo e da importancia de coidar a nosa contorna para evitar os desgraciados incendios.  Graciñas por vir!